TALLER DA RISA PARA PAIS E FILLOS

publicado en: Eventos, Nenos e nenas | 0

risoterapia

QUE É A RISOTERAPIA?


A risoterapia é unha actividade que salvo excepcións, se realiza en grupo. Non só consiste en facer rir sen máis, senón que consegue espertar en pouco tempo a nosa capacidade de sentir, silenciar as nosas preocupacións, incrementar a nosa capacidade de creatividade, utilizando a risa como camiño.


Permitindo tanto a pais/nais coma a fillos, liberar tensións dun a forma lúdica e alegre conseguindo unha renovación persoal. No caso dos pais encontrarán o seu neno interior, sen preocupacións nin vergüenzas, compartindo e gozando tempo cos seus fillos.


Realizaremos distintas actividades e dinámicas conducindo ao grupo a un estado/sentimento de desinhibición, para chegar a rir dun xeito natural e san, coa fin de lograr unha descarga emocional, desenvolver o sentido do humor, adestrar novas habilidades persoais e lograr vivir en harmonía física, psíquica, emocional e espiritual.

Obxectivos específicos do taller:


– Impulsar o bo humor e o optimismo.
– Liberar as tensións e o estrés.
– Facilitar a relaxación e espontaneidade.
– Mellorar a comunicación e a proximidade entre pais/nais e fillos.
– Potenciar a tolerancia, o respecto e o entendemento.
– Desenvolver a liberdade de expresión das nosas emocións e sentimentos.
– Aprender a rirse dun mesmo e dos demais.
– Aumenta a autoestima e diminúe a timidez.
– Ter a capacidade de desafogar angustias e frustracións sen sentimento de culpa.
– Coñecer e crear novas relacións.
– Gozar do presente con amor e felicidade.

Dejar una opinión