EN PÉ, INCLUSIÓN E SENSIBILIZACIÓN CON GOALBALL, UN DEPORTE PARA TODOS

publicado en: Maiores, Nenos e nenas | 0

 

 

Denserola os sentidos, a concetración e a orientación co único deporte de equipo para xogadores cegos ou deficientes visuais, pode ser practicado por xogadores videntes con antefaces, o que provoca unha sensibilización cara aos nenos con dificultades e unha aprendizaxe sensorial para todos.

 

Participan dous equipos de tres xogadores cada un, consiste en lanzar a pelota coa man rodando polo chan en dirección ao campo contrario para marcar un gol. Ao mesmo tempo, os tres xogadores do outro equipo intentan parar a pelota con calquera parte do corpo. As liñas do campo son táctiles, e xógase con anteface de visión cero e un balón sonoro.

 

Desenrolar actividades de sensibilización para fomentar actitudes positivas e solidarias baseadas no respecto á diversidade, experimentando as limitacións perceptivas das persoas con discapacidad visual mediante o deporte.

 

Require unha gran capacidade de orientación e de concentración para estar situado en cada momento, co obxectivo de interceptar ou lanzar a pelota. Desenvólvense diferentes capacidades, tanto físicas coma sensoriais:
Nos lanzamentos: o control, o dominio espacial e corporal e a forza.
Nos cambios de posición: en defensa, a axilidade.
Nas recepcións: a percepción auditiva, a orientación no espazo a través do oído e o tacto, o dominio temporal, e a capacidade de decisión e concentración.

 

Practica goalball con EN PÉ, un deporte para todos.